O discurso referido directo no contexto do cambio de código
In: Estudos de Linguistica Galega, Vol 15, Iss 1 (2023, Jg. 15 (2023), Heft 1
Online
academicJournal
Zugriff:
Neste artigo analízase o uso de citas referidas directas en galego en discursos proferidos en lingua española. Tomamos como base empírica as entrevistas dirixidas recollidas no corpus ESLORA, as cales son clasificadas en tres grupos: 1) presenza de citas directas en español; 2) presenza de citas directas en español e/ou galego; 3) ausencia de citas directas. A seguir, reflexionamos sobre a función sociolingüística dos casos recollidos no grupo número 2. Seguindo a Auer (1985, 1998, 2005) e Álvarez Cáccamo (1987, 1998, 2000), conectamos esta análise coas diferencias entre o cambio de código, que implica algunha motivación identitaria ou cultural do falante, e a alternancia de linguas, que carece dela. A alternancia de linguas prodúcese en contextos bilingües cando un falante introduce termos, expresións ou formas dunha lingua A nun discurso proferido nunha lingua B, sen que exista dita motivación identitaria. Argumentamos que as citas referidas directas en galego, en discursos construídos en español como lingua principal, deben ser codificadas como fenómenos asociados ao cambio de código: a introdución deste tipo de citas directas responde sempre a unha motivación sociopolítica concreta, que consiste en amosar un compromiso decidido coa cultura propia e as raíces identitarias dos falantes. Na nosa investigación aplicamos unha metodoloxía cuantitativa na análise das ocorrencias recollidas no corpus, e unha perspectiva cualitativa na interpretación da motivación lingüística dos informantes.
Titel: |
O discurso referido directo no contexto do cambio de código
|
---|---|
Autor/in / Beteiligte Person: | Lois Xacobe Atanes Barciela |
Link: | |
Zeitschrift: | Estudos de Linguistica Galega, Vol 15, Iss 1 (2023, Jg. 15 (2023), Heft 1 |
Veröffentlichung: | Universidade de Santiago de Compostela, 2023 |
Medientyp: | academicJournal |
ISSN: | 1889-2566 (print) ; 1989-578X (print) |
DOI: | 10.15304/elg.15.9259 |
Schlagwort: |
|
Sonstiges: |
|