Revisión bibliográfica sobre a efectividade e metodoloxía de aplicación da realidade virtual en pacientes con dor lumbar crónica ; A literature review of the effectiveness and metholodology of virtual reality application in patients with chronic low back pain ; Revisión bibliográfica sobre la efectividad y metodología de aplicación de la realidad virtual en pacientes con dolor lumbar crónico
2023
Online
Hochschulschrift
Zugriff:
[Resumo] Introdución: a dor lumbar crónica consiste nun trastorno que persiste durante máis de 12 meses e cuxa prevalencia mundial ocupa os primeiros postos, xunto coa discapacidade que esta causa, o que ocasiona un gasto socioeconómico moi elevado. Por iso, nos últimos anos, xurdiu a realidade virtual como unha posibilidade de tratamento. Obxectivo: o obxectivo principal da presente revisión bibliográfica é analizar a eficacia da realidade virtual e a súa metodoloxía de aplicación en pacientes con dor lumbar crónica. Material e método: realizouse unha busca nas bases de datos Cochrane Library, PubMed, Scopus e PEDro entre xaneiro e abril de 2023. Como criterios de inclusión determináronse: estudos en seres humanos maiores de idade, estudos onde apliquen RV soa ou combinada, pacientes con dor lumbar crónica, idioma inglés e español, e como tipo de estudo revisións bibliográficas e sistemáticas, metaanálises, ensaios clínicos aleatorizados, estudos piloto, seguementos de ensaios clínicos, estudos cuasiexperimentais (non controlados), estudos de casos e protocolos de ensaios clínicos. Resultados: seleccionáronse un total de 32 artigos. Os achados preséntanse esmiuzados en termos de efectividade segundo medidas de resultados, características da intervención do grupo control coa que se compara a RV, principios terapéuticos nos que se sustenta a RV, e segundo a modalidade de aplicación (inmersiva, semiinmersiva ou non inmersiva). Destacan os achados relativos ás medidas empregadas para determinar a efectividade, extraendo ata 25 variables de análise, entre as que sobresaen o impacto positivo da RV na intensidade da dor, na discapacidade e na calidade de vida. Conclusións: a realidade virtual pode ser efectiva para tratar dimensións como a intensidade da dor, a discapacidade e a calidade de vida, entre outras, en pacientes con DLC. Respecto á metodoloxía de aplicación atópase heteroxeneidade nos participantes seleccionados, no desenvolvemento da intervención de RV e nos compoñentes do grupo control cos que se compara ...
Titel: |
Revisión bibliográfica sobre a efectividade e metodoloxía de aplicación da realidade virtual en pacientes con dor lumbar crónica ; A literature review of the effectiveness and metholodology of virtual reality application in patients with chronic low back pain ; Revisión bibliográfica sobre la efectividad y metodología de aplicación de la realidad virtual en pacientes con dolor lumbar crónico
|
---|---|
Autor/in / Beteiligte Person: | Trillo Charlín, Iria ; Rodríguez Romero, Beatriz ; Universidade da Coruña. Facultade de Fisioterapia |
Link: | |
Veröffentlichung: | 2023 |
Medientyp: | Hochschulschrift |
Schlagwort: |
|
Sonstiges: |
|