Palabras que moven o mundo: o ensino da literatura máis aló das aulas universitarias
Universidade da Coruña, Cufie, 2019
Online
academicJournal
Zugriff:
[Resumen] “Palabras que moven o mundo” é un proxecto interdisciplinar levado a cabo no curso 2017/2018 no marco de tres materias do Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas en que participou o alumnado do módulo específico de Linguas e Literaturas galega e castelá. Asenta na vindicación do hábitat e gravita arredor de tres elementos sobre os que queremos reformular a práctica docente: o espazo público, o uso da palabra escrita por parte de quen transita por este e a poesía, desde a convicción de que existe unha retroalimentación positiva entre todos eles. Así, a súa implementación contribuíu a facer máis habitábeis os espazos intervidos e estes actuaron, asemade, como resortes de visibilidade para o xénero poético e fomentaron a lectura fóra dos espazos en que esta constitúe unha práctica excesivamente ritualizada, promovendo a formación do alumnado en metodoloxías activas e ampliando a súa concepción de literatura e dos espazos en que debe proxectarse. Outrosí, a potencialidade transformadora do proxecto favoreceu tamén que o alumnado se decatase da importancia do espazo público como ámbito de diálogo e reflexión social e da dimensión das artes como xeradoras de pensamento crítico. ; [Abstract] Abstract:“Words to Rock the World” is an interdisciplinary project carried out during the 2017/2018 academic year in the context of three subjects belonging to the Master’s Degree in Teacher Training (University of A Coruña) and involving students from the module on Language and Literature in Galician and Spanish. Grounded on a particular interest in space, the project is organized around three elements and their potential intersections: public spaces, the use of the written word by those who inhabit such spaces, and (the vindication of) poetry. Its implementation has contributed to making the featured spaces more habitable, while adding visibility to the poetic genre and promoting the act of reading poetry in broader – and less ...
Titel: |
Palabras que moven o mundo: o ensino da literatura máis aló das aulas universitarias
|
---|---|
Autor/in / Beteiligte Person: | Muriano Rodríguez, M.ª Montserrat ; Mosquera-Castro, Estefanía |
Link: | |
Veröffentlichung: | Universidade da Coruña, Cufie, 2019 |
Medientyp: | academicJournal |
DOI: | 10.17979/spudc.9788497497121.269 |
Schlagwort: |
|
Sonstiges: |
|